Veciños de San Vicente de Lagoa organizan Tardes de Lecer para o Nadal

AMariñaXa
A Asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa e o Concello de Alfoz organizan varias actividades de ocio de Nadal
san vicente lagoa alfoz nadal
san vicente lagoa alfoz nadal
11 dic 2022

A Asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa vai realizar os días 26 e 27 a actividade Tardes de Lecer, para nenas e nenos de 3 a 12 anos. O horario será de 16.00 a 19.00 horas e son gratuitas.

Será na Escola da Pinguela e haberá merenda, xogos, obradoiros de Nadal... e moitas actividades para que os máis cativos desfruten do tempo de ocio.

Para asitir será necesario anotarse, pois as prazas son limitadas, chamando aos teléfonos 635 229 513 (Pilar) e 654 332 576 (Joselina).

Por outra banda, o Concello organiza o Nadal na Bilbioteca, unha actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos, as tardes de 17.00 a 19.00 horas dos días 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.

Haberá distintas actividades como manualidades, xogos, música e coreografías, etc. para pasar as vacacións de Nadal desfrutando na Biblioteca.

Para máis información no haberá que chamar ao Concello ao teléfono 982 558 001.