Veciños de San Adriano, en Lourenzá, e Augaxosa, en Riotorto, preparan a Romaría das Cruces

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta cita tradicional contará coa camiñada ás 10.30 horas dende a Cruz de San Adriano
romaria-da-cruces-san-adriano-augaxosa
Cartel da romaría
20 Maio 2024

A Asociación de veciños de San Adriano de Lourenzá e a de Augaxosa preparan para o vindeiro sábado 25 de maio a Romaría das Cruces.

Esta cita tradicional contará coa camiñada ás 10.30 horas dende a Cruz de San Adriano para chegar a Augaxosa en Riotorto onde haberá un gran xantar e baile. Ás 12.00 sairán os veciños de Augaxosa, desde a igrexa da Muxueira ata a Veiga, facendo un tramo en común os dous grupos.

Ás 13.00 horas será a misa solemne e a sesión vermú con Verónica Cambón.

Os tickets para a comida están a venta no Xiraldo e á propia asociación de veciños ata o 21 de maio, e constará de bola das cruces, churrasco con chourizos, ensalada, sobremesa, café, bebida e licor.

O prezo é de 27 euros adulto e 12,5 para nenos de 6 a 12 anos.

0.18627595901489