Veciños de Cubelas celebraron con éxito a I Comida de produtos da horta en Ribadeo

AMariñaXa
Éxito da I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo que impulsa a veciñanza co apoio da Deputación
Comida de produtos da horta e ganderia do rural de Cubelas
18 sep 2022

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo, que organizou a asociación veciñal San Vicente de Cubelas, do concello ribadense, no pavillón da parroquia.

Rivera Capón aproveitou a ocasión para felicitar ao colectivo veciñal pola súa recente renovación de directiva e por dar este paso adiante para organizar este festexo no marco da Festa das Dores. A institución provincial colabora coa cita, sufragando os gastos dun dos concertos que completan o programa.

O deputado salientou a importancia de xuntanzas como a celebrada en Cubelas, “na que os protagonistas son os produtos de Ribadeo, onde tanto maiores coma pequenos poden apreciar a alta calidade que se produce ao pé da casa”, subliñou. “Na provincia de Lugo temos un sector primario moi potente, e importantes empresas -e non me refiro só ao tamaño- que crean emprego e que oportunidades no noso rural, que lle dan vida no presente e que apostan polo seu desenvolvemento no futuro”. Engadiu que a cita “promove o consumo dos nosos excelentes e variados produtos locais, un aspecto fundamental para dinamizar a economía e o rural da provincia de Lugo”.

0.14639902114868