Barreiros oferta actividades deportivas para potenciar os hábitos de vida saudables
Co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a nenos e adultos para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello ven de organizar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2021-2022.
Haberá actividades para menores como a Escola Multideporte con xogos motores, iniciación no atletismo, baloncesto e bádminton. Tamén contarán con clases de natación escolar, fútbol sala base e surf.
Dentro das actividades para maiores de 16 anos haberá ximnasia de mantemento, ioga suave, ioga, jumping e zumba.
O prazo para preinscribirse en calquera das actividades atópase aberto ata o 6 de outubro (inclusive). So se poderá presentar un formulario de inscrición por persoa, de solicitar praza para varios menores realizarase unha inscrición por cada menor.
Para consultar os horarios das clases e máis información será necesario visitar o seguinte enlace.