Variada programación cultural para decembro e xaneiro en Burela

AMariñaXa
Burela acolle unha variada programación cultural para o mes de decembro e xaneiro e tamén para celebrar as festas de Nadal.
1 programacion nadal burela 2022
1 programacion nadal burela 2022
2 dic 2022

Burela acolle unha variada programación cultural para o mes de decembro e xaneiro e tamén para celebrar as festas de Nadal.

Así, este sábado 3 de decembro no auditorio contarán con teatro a cargo de Andanzas e a súa obra Baile de huesos ás 20.30 horas e o luns 5 inaugurarase a mostra Creaturas de Mercedes Maseda Pernas ás 18.00 horas na sala de arte do auditorio.

O sábado 10, de 11.00 a 13.00 horas e tamén no auditorio municipal, haberá un obradoiro infantil de xogos de mesa en galego a cargo de Brazolinda e o venres 18 ás 21.00 horas o grupo de teatro O Bordelo levará ao auditorio a súa obra O Covid do mariñán.

O mércores 21 ás 20.00 horas será o concerto da Escola de Música de Burela e o venres de 18.30 a 20.45 horas haberá pasarrúas da Charanga NBA e o xoves 29 ás 19.00 horas no auditorio será o musical infantil La gran aventura de los Reyes Magos.

Xa no mes de xaneiro o xoves 5 será o concerto de Rockvital na praza da Mariña ás 20.00 horas e o sábado 14 ás 20.30 horas David Catá presentará o seu disco Origen.

O sábado 7 ás 18.00 horas no auditorio de Burela CDG e Ainé producións representarán Recortes, caneos e outras formas de canear, un espectáculo protagonizado por Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escudeo, Xoán Fórneas e Segio Zearreta.

programacion nadal burela 2022