Vanse mellorar as instalacións deportivas de Celeiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro urxe colaboración para mellorar o campo de Lavandeiras inclúen dotalo para poder levar a cabo a práctica deportiva
Viveiro campo lavandeiras
19 May 2022

A alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro, e o 1º tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Nesta xuntanza, os representantes municipais conseguiron o compromiso da Xunta de Galicia para colaborar na execución do proxecto elaborado polo Concello de Viveiro para mellorar as instalacións deportivas de Celeiro. 

A Xunta de Galicia uniuse ao acordo adoptado entre a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para levar a cabo estas actuacións, asumindo cada unha das administracións o 33,3 % do custe destas obras. Na reunión acordouse, asemade, que o Concello de Viveiro será o encargado de licitar o contrato para a súa execución.

O proxecto elaborado polo Concello de Viveiro para levar a cabo estas melloras ten un orzamento de contrata de 120.018,57 euros (IVE incluído). Ademais, a proposta inclúe a dotación de redes, vestiarios, banquillo, así como a reforma da instalación eléctrica  desta instalación deportiva.

Dende o  Concello de Viveiro valórase moi positivamente este compromiso por parte da Xunta de Galicia, colaborando xunto coa Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para a execución dunhas obras moi necesarias, considerando que este é o tipo de colaboración que debe existir para asumir os custes de actuacións deste tipo entre todas as administracións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17695212364197