Vanse investir preto de 165.000 euros para renovar varios viais de Granxas, na parroquia de Covas

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da execución dunhas obras para renovar varios viais de Granxas, na parroquia de Covas.
Plano da actuación Viveiro
22 Xuño 2023

O Concello de Viveiro informa da execución, a través do Plan Único 2023 da Deputación de Lugo, dunhas obras para renovar varios viais de Granxas, na parroquia de Covas.

En concreto, vaise actuar sobre catro viais de titularidade municipal en Granxas, próximos á praia de Covas, para realizar labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado.

Tamén se procederá á reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, coa implementación de pluviais e a dotación dunha nova rede de abastecemento de auga. O orzamento ascende a 164.392,96 euros.

A tramitación xa se atopa en proceso de licitación, o prazo para a presentacion de ofertas finalizou o 15 de xuño e está pendente a convocatoria da mesa de contratación para a apertura de ofertas.

0.17589092254639