Uns 65 alumnos do CEIP Número 1 de Foz participaron na xornada 'Eu Como Peixe'

Foz
AMariñaXa
Dentro do ciclo de visitas por colexios da Mariña da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela
FOZ_OPP7_8928
28 Nov 2024

Uns 65 alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Número 1 de Foz participaron na xornada divulgativa 'Eu Como Peixe' impartida pola dietista Alba Vila en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu ciclo de visitas a colexios da Mariña.

Esta visita forma parte da serie de actividades dirixidas ao público infantil que levan a cabo desde a OPP-7 Porto de Burela, co obxectivo de achegarlles ao mundo da pesca e o consumo de peixe; inclúense no seu plan de produción e comercialización e están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o FEMPA.

O secretario técnico da OPP, José Manuel Beltrán, saudou aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios para comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que, ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús de diferentes colexios da zona.

Os pequenos amosáronse moi participativos durante a presentación, seguindo atentamente os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do petisco, rape, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferenzas entre o peixe azul e o peixe branco.

No acto participaron uns 65 alumnos de entre tres e oito anos, desde cuarto de educación infantil ata segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron unha mochila de agasallo e que prometeron que comerán moito peixe nas súas casas.

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

0.16847014427185