Unha veciña de Cervo festexa os seus 100 anos neste Nadal
AMariñaXa
O Concello de Cervo felicita a Mercedes Fernández polo seu aniversario
26 Dec 2024
En pleno Nadal, en datas moi especiais para pasar en familia, hai quen tamén cumpre anos. Celebración dobre e, no caso de Mercedes Fernández, veciña de Cervo, festexa 100 anos de vida.
O Concello de Cervo quixo darlle os parabéns e a alcaldesa Dolores García Caramés fíxoo o propio en persoa. Puido compartir uns intres con ela e a súa familia, e como mostra de agarimo fixolle entrega dun ramo de flores.