Unha trintena de persoas participou na ruta de Camiñantes e Camiños de Barreiros

AMariñaXa
Unha trintena de persoas participaron o pasado sábado na Ruta de San Sebastián polo Val de Carbarcos, que organizou Camiñantes e Camiños
camiñantes e camiños ruta san sebastian
26 Xan 2023

Unha trintena de persoas participaron o pasado sábado na Ruta de San Sebastián polo Val de Carbarcos, que organizou a asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros.

O presidente da asociación barreirense, José Manuel Gómez, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira, xa que compartimos uns pinchos ao remate da andaina, para logo todos xuntos participar na misa na honra a San Sebastián”.

E engadiu que “o obxectivo do encontro foi moi positivo, xa que fomentamos a convivencia, o exercicio físico, contemplamos o patrimonio de Cabarcos e  compartimos as tradicións das parroquias”.