Unha nova manifestación denunciará a falta de médicos no Vicedo

AMariñaXa
A veciñanza non frea as súas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello
manifestacion_medicos_o_vicedo
26 Sep 2024

A veciñanza do municipio do Vicedo non frea as súas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello e reclaman de novo a cobertura das prazas con carácter fixo. Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestaranse para esixir mudanzas nesta problemática que arrastran dende fai tempo

Os convocantes programan unha nova concentración este domingo 29 ás 11.30 horas diante do Concello. Esta manifestación súmanse ás outras programadas nas que denuncian que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas.

0.15798497200012