Unha nova aplicación web servirá para reservar o acceso á piscina municipal de Cervo

AMariñaXa

O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas da piscina olímpica municipal a través do enlace Espacios deportivos | Reservas de Espacios Deportivos - Concello de Cervo, que permite ás persoas usuarias formalizar o acceso de 10 bonos ou a entrada libre, previo pago a través desta plataforma, simplificando así todo o proceso.

2 abr 2024

Así o avanzou a rexedora, Dolores García Caramés, que recorda que neste mesmo espazo virtual tamén se pode reservar o acceso ás pistas de pádel e á pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, neste último caso as persoas usuarias deberán estar federadas e poderán reservar de xeito gratuíto a súa franxa horaria e recoller posteriormente a chave na piscina municipal.

Segundo explicou a alcaldesa “levamos tempo traballando nesta extensión da páxina web do Concello, co obxectivo de facilitar e mellorar a experiencia do usuario das nosas instalación deportivas, facilitándolles poder xestionar de forma on line as súas reservas”.