Unha escapada rural coa pescada de Burela

AMariñaXa
Escapada rural, o buscador online de aloxamentos rurais volve propoñer unha serie de aloxamentos que ofrecen receitas coa pescada de Burela
merluza burela escapada rural
merluza burela escapada rural
27 Xuño 2021

Escapada Rural, o maior buscador online de aloxamentos rurais de España e Portugal, volve propoñer esta fin de semana unha serie de aloxamentos rurais do interior de España que ofrecen receitas especiais de pescada do pincho de Burela para celebrar a escapada de San Xoán. 

Trátase da última acción promocional da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, que completa así a súa campaña de primavera 2021 na que levou a Merluza de Burela a dez casas da rede de aloxamentos de Escapada Rural en toda a  península. 

En Semana Santa as accións dirixíronse a casas rurais de Castela e León, Castela A Mancha, Extremadura e Cataluña. Coincidindo coas Letras Galegas, a mediados  de maio fíxose unha promoción en diferentes puntos de Galicia. 

E nesta fin de semana a pescada do pincho de Burela chega a aloxamentos das  dúas Castelas e Extremadura, podendo degustarse en La Posada de los Sentidos (Jarandilla de la Vera, Cáceres), Castillo de la Riba (Riba de Santiuste, Guadalajara) e na Casa Rural La Irvienza (Martín Muñoz de las Posadas, Segovia). 

"Aproveitar o auxe do turismo de interior en España combinándoo co mellor da  gastronomía mariñeira de Galicia" é o grande obxectivo desta unión entre os  produtores pesqueiros de Burela e o portal de viaxes, que desde finais de 2020  colaboran ofrecendo paquetes conxuntos dentro da súa campaña global Eu Como Peixe, dirixida a tódolos ámbitos de poboación, promocionando o consumo de peixe  como base duns hábitos de vida saudable e facendo chegar a pescada de Burela  moito máis alá das costas galegas. 

merluza burela escapada rural 1
0.18573999404907