Un trimarán siberiano recalou no Vicedo
Unha avaría na embarcación siberiana Russian Ocean Way con camiño á Coruña, fixo que onte recalará no Vicedo e así os seus tripulantes aproveitaron para coñecer o Fuciño do Porco e quedar embelesados coa vila.
Mentras o trimarán seguía atracado no porto á espera de ser reparada os tripulantes rusos Evgeny Kovalevskiy e Stanislav Berezkin foron acompañados e trasladados por Pedro Mouriño, cónsul da Federación de Rusia en Galicia, á cidade herculina. E pola tarde volveron á Mariña para así coñecer o afamado Fuciño da man do alcalde do Vicedo, Jesús Novo, onde “quedaron encantados e incluso intercambiamos uns regalos”, conta Novo.
Esta expedición, que saiu de San Petersburgo o 1 de xullo, prevé dar a volta ao mundo por 40 países en dous anos facendo un total duns 60.000 quilómetros e ademais convertila nun proxecto divulgativo.
Tras reparar o seu navío continuarán a súa aventura cara Vigo e Lisboa, para así cruzar o Atlántico.