Unanimidade en reclamar as obras da travesía de Vilamor, en Cangas de Foz

Foz
AMariñaXa
Unanimidade en reclamar as obras de mellora das beirarrúas na Lu-162 da travesía de Vilamor, en Cangas de Foz
lu162 cangas de foz beirarruas
7 May 2021

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que remate coa obra das beirarrúas do tramo urbano da LU-162, na travesía de Vilamor, en Cangas de Foz. A portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, presentou esta iniciativa na que acusou ao goberno galego que remate con esta obra iniciada en 2013.

Otero urxiu ao goberno galego a rematar coa obra das beirarrúas, fundamental para garantir a seguridade dos veciños nunha travesía que soporta unha elevada circulación e que pon en perigo aos veciños e veciñas. Apuntou ademais que “a conservación non é axeitada”, con lousas levantadas que provocan tropezóns e caídas e mesmo ten pozos de pluviais abertos sen protección axeitada.

Sinalou que “basta xa de promesas, basta xa de incumprimentos reiterados por parte da Xunta de Galicia”, que en 2015 se tiña comprometido a iniciar a última fase das beirarrúas, e que “dende entón nada se fixo”. Criticou a “teima co Concello”, que “realiza melloras nas infraestruturas dentro das súas capacidades orzamentarias”, mentres o goberno galego “é incapaz de rematar unha obra iniciada en 2013 e que non ten un importe económico tan elevado”.

Mirar para outro lado

Criticou que “dende o ano 2019 –cando comezou a gobernar o PSdeG-, a Xunta “mira para outro lado” cada vez que ten que executar unha obra da súa competencia en Foz. Otero presentou a lista de agravios do goberno galego coa localidade, que pasan por rexeitar agora a dragaxe do Porto Chico de Foz, os retrasos da Depuradora ou a supresión do técnico de emerxencias sanitarias da ambulancia medicalizada, que “redunda en prexuízo de toda A Mariña”.

0.16828513145447