Un total de 11 probas compoñen o circuíto Duacode Run Foz Run 2024

Foz
AMariñaXa
A Run Foz Run, o Club Atletismo Ría de Foz e o Concello de Foz promoven o circuíto anual composto de catro carreiras populares
carreira-nenos-run-foz-run
carreira-nenos-run-foz-run
11 Xul 2024

A Run Foz Run, o Club Atletismo Ría de Foz e o Concello de Foz promoven o circuíto anual composto de catro carreiras populares de organización propia e 7 carreiras a maiores que se incorporan a este circuíto para facer un total de 11 eventos. O obxectivo é promover un estilo de vida saudable e fomentar prática deportiva, neste caso o atletismo.

Ademais búscase dar a coñecer a localidade focense, A Mariña Lucense e o Occidente Asturiano e todo o seu potencial promovendo así unha actividade turística e unha diversificación da oferta lúdico festiva e cultural da zona. Para aparecer no circuíto deberase participar en 5 carreiras.

Esta edición 2024  está formada polo Desafío Costa Tapia, 5K/10K Urbana Campo da Cabana, IV Carreira Maruxaina San Cibrao, VIII Burela Bonita, XV Run Foz Run, VI Nocturna Rinlo Ribadeo, 15K/5K A Mariña, III Alfoz-Valadouro, V Cross Os Castros, IX Run Foz Run Nadal. Os interesados poden facer a súa inscrición a través da web.

0.18860101699829