Un grupo de alumnos italianos do ISS Alfredo Ferrari de Maranello visitaron o Concello ribadense

AMariñaXa
Este grupo de rapazas e rapaces italianos chegaron a Ribadeo da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia)
Ribadeo-recepción-alumnos-italianos-Apaga-2025
13 Feb 2025

Recepción no Concello de Ribadeo a un grupo de alumnas e alumnos italianos do ISS Alfredo Ferrari de Maranello, que realizarán durante dúas semanas as súas prácticas en empresas da Mariña.

O alcalde, Dani Vega, desexoulles que “estas prácticas sexan proveitosas tanto para o seu futuro laboral como para levar un grato recordo cultural da nosa terra”.

Este grupo de rapazas e rapaces italianos chegaron a Ribadeo da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).

⚙ Configurar cookies
0.16810011863708