Un concurso crea un calendario conmemorativo do Día da SIDA

AMariñaXa
Convocado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) co obxectivo da prevención da enfermidade
drododepend-burela
1 Dec 2024

Este domingo, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da Sida. Co obxectivo da prevención da enfermidade, a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) volveu a convocar un concurso de deseño a fin de crear un calendario para esta conmemoración.

Este certamen estivo dirixido a alumnado de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos dos dous centros educativos de Burela, tanto o IES Monte Castelo coma o IES Perdouro.

A gañadora do primeiro premio, cuxo deseño foi incluído no calendario, foi Ainara Alvarez Carral do IES Monte Castelo, que recibiu tamén un agasallo. O segundo premio foi para Sabela Pardo Vazquez, do IES Perdouro, que recibiu un agasallo.

O acto de entrega de premios celebrouse no patio do IES Monte Castelo e a el asistiu o concelleiro delegado da UAD, Mario Pillado, así como a traballadora social da mesma, Maite Lanza, e representantes de ambos centros.

“Dende o Concello de Burela estamos moi agradecidos ós centros pola colaboración e ó alumnado pola participación. Para nós é un orgullo é un pracer levar a cabo este tipo de actividades para os rapaces e rapazas pero tamén da man deles e delas, sobre todo para causas tan sensibles e importantes coma esta”, asegurou Pillado.

0.17134189605713