Un campionato e dous subcampionatos de España para o club de bolos de Xove
De fantástico pódese cualificar a fin de semana para o Club de Bolos Xove que nos campionatos de España de bolos celta nas categorías de veteranos e xuvenís fíxose con I Campionato de España e dous subcampionatos.
A proba disputouse en Asturias en varios campos da zona de Tineo. Foron convocados como os Campionatos de España individuais e por parellas en categorías xuvenil e veteranos onde houbo unha gran participación, moito nivel, destacando o compañeirismo e amizade, así como unha excelente organización.
En xuvenís individual Javier Alonso, do club xovense, conseguiu acadar o subcampeonato de España só superado por Isma Torres (San Cibrán). Terceiro foi Rubén Fernández, Centro Asturiano (Madrid) e cuarto David Pintos (San Miguel).
En parellas xuvenís de novo Javier Alonso e Valerio Duh (Independentes) proclamáronse campións de España tras vencer na final a Jaime Rodríguez (A Panera) e Anxo Mon ( L' cabose). Tterceiros foron David Pintos (San Miguel) e Carlos García (Os Serenos) e cuartos Isma Torres (San Cibrán) e Martín González (Estivada).
Na categoría de veteranos Marcelino Rodríguez, de Xove, conseguiu alcanzar o subcampeonato de España na modalidade de individual. O vencedor desta categoría foi Pedro Lago (Estivada), impoñéndose na final a Marcelino Rodríguez (Xove). Terceiro foi José Rodríguez, (Mañufe) e cuarto Urbano Sotelo, (Camos).