Últimos días para participar no Certame de Pintura Mural Amarte de Burela

AMariñaXa
O Concello de Burela presenta o V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que terá lugar no Porto de Burela do 5 ao 8 de agosto de 2021
amarte 2021 1
8 Jul 2021

O V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte terá lugar no Porto de Burela do 5 ao 8 de agosto de 2021 e o as propostas poden enviarse ata o 15 de xullo.

As bases para anotarse no concurso van estar dispoñibles na páxina de facebook do certame, que é Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, así como na web municipal.

Pódense enviar a amarteburela@gmail.com e logo o xurado elixirá as nove obras que serán pintadas no muro do peirao. Os premios mantéñense igual con 1.500 euros para o primeiro clasificado, 750para o segundo e 300 para o terceiro.

Diego Anido (Lugo) e Guillermo Paz (Málaga) coa obra Mar revolto foron os gañadores do 4º Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. Hipólito Xeada, de Alfoz, conseguiu o segundo premio por A mirada do mar e o terceiro premio foi para Martín Cal, de Ortigueira, coa obra O gardián do mar. O premio para o mellor artista local foi para Héctor Manasé, de Burela, con Arraiga

amarte 2021
0.16687798500061