Últimos días para inscribirse no exame de competencias dixitais ComDix en Barreiros

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o vindeiro 2 de decembro unha nova convocatoria do exame para obter a certificación galega en competencias dixitais ComDix, correspondente ao nivel de iniciación. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 4 de novembro, inclusive.
A convocatoria está dirixida a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, as habilidades e as actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais nos ámbitos persoal, social e profesional.
No caso de Barreiros, o exame terá lugar o mércores 2 de decembro, ás 10:00 horas, na aula CeMIT situada no Teleclub de San Cosme. As persoas interesadas en presentarse á proba deberán formalizar previamente a súa inscrición a través da páxina web cemit.xunta.gal.
Esta será a última convocatoria do ano para acceder a esta certificación, segundo anunciou o Concello, que lembra a importancia de completar a inscrición dentro do prazo establecido para poder realizar o exame.