Últimas visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo

AMariñaXa
Poderase visitar a partir do día 29 de novembro e ata o día 8 de decembro
cova-mondoñedo
26 Nov 2024

A Cova do Rei Cintolo continúa medrando neste ano a bo ritmo, segundo expresan o Concello de Mondoñedo e da Federación Galega de Espeleoloxía e nestes últimos meses do ano aínda hai posibilidade de gozar da mesma.

Agora, a piques de rematar o ano, estamos ante os últimos días nos que se pode facer visita guiadas á Cova. Así a partir do día 29 de novembro e ata o día 8 de decembro, poderanse levar a cabo visitas todos os días como cerre da campaña do ano 2024.

As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300m que supón unha visita dentro da cavidade de 1h e 15minutos aproximadamente.

Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade, lesións ou problemas cardiorespiratorios. Tamén é preciso facer reserva previa na Oficina de Turismo de Mondoñedo, a través do número 982 507 177, ou a través do seu e-mailAs quendas de visitas serán ás 11.00 e ás 16.00. É obrigado traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.

Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de protección e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos. A idade mínima para entrar na cavidade é a partir dos 11 anos e o prezo da visita é de 20 euros por persoa.

Continúa tamén aberta a posibilidade de facer visitas á Zona do Río. Un percorrido máis longo e complexo destinado a persoas cun nivel físico superior e tamén de máis longa duración.

Para esta modalidade de visita é preciso facer reserva previa coa Oficina de Turismo e o custo, para este percorrido espeleolóxico de maior duración e dificultade, é de 40 euros/persoa.

 

0.16349101066589