Troitas Bravas triunfaron no aberto de billarda de Riotorto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Por Daniel Rodríguez Saavedra.
aberto riotorto billarda
29 Feb 2024

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

A rebeldía da infancia é un estado de conciencia que se acaba o día no que un charco é percibido coma un obstáculo e non coma unha oportunidade.

Na LNB nunca cesan as hostilidades, chuvia, lóstregos e tronos contra unha banda sonora e folla de ruta establecida. Na moa do Varal xa ruxe a Resposta Indíxena.

Mollarnos, embarrarnos e rirse de todo libéranos e permítenos ser rebeldes e transgresores coma nenos que fan caso omiso das normas establecidas.

Así saltamos ao campo da Veiga de Riotorto. Coa xusta tolemia que caracteriza o espírito indomable da LNB, saltando regos e valados.

E entre todos os participantes os tres máis nenos e quizais máis tolos na xornada do domingo foron Ismael de Outeiro, terceiro clasificado, David Navallo subcampión e Sandonguero, o gran campión da xornada na categoría absoluta con vinte catro puntos.

Por equipos foron as Troitas Bravas Billarda os que non só gañaron a xornada, senón que deron un golpe case definitivo á clasificación xeral de escuadras. Aroa de Billardeiros Musicais foi a brava campioa feminina e Diego dos Centro Social Madia Leva campión infantil.

Fantástico traballo das Troitas Bravas, organizadoras deste aberto, comandadas polo actual co-líder da LNB Sachas Sachas que malia as previsións meteorolóxicas sempre mantiveron a firmeza e decisión de disputar este aberto sen facer caso das "recomendacións" da Xunta nin de outras institucións que nos queiran acadarmar.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17650890350342