Trinta e cinco negocios de Foz participan nunha nova edición do Comercio na Rúa

Foz
AMariñaXa
Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Fora-Stocks-Foz
16 Ago 2024

Trinta e cinco negocios participarán do 22 ao 24 de agosto nunha edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta nota edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten moi acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”. AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

0.061521053314209