Tres xogadoras burelás volven á lista da selección nacional
AMariñaXa
As burelistas Peque Dany e Ale de Paz volverán á lista da Vermella na concentración da próxima semana na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
15 sep 2021
As burelistas Peque Dany e Ale de Paz volverán á lista da Vermella 16 días despois da viaxe da Selección Española a Praga para medirse á República Checa (0-9 e 0-6). As Guerreiras Laranxas participarán na concentración da próxima semana, entre os días 20 e 23, na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Está previsto que o combinado nacional dispute un amigable ante o Futsi Atlético Navalcarnero, o mércores 22. O xoves as xogadoras regresarán á dinámica do Pescados Rubén Burela FS para a liga, coa visita a Poio Pescamar xa o sábado 25, na segunda xornada.