Tres son os partidos que aspiran á Alcaldía de Lourenzá

AMariñaXa
A vila laurentina volve contar con tres candidaturas que optan á elección do rexedor ou rexedora local. A oposición é PSOE e BNG
rocio lopez alcaldesa lourenza
rocio lopez alcaldesa lourenza
17 Maio 2023

A vila laurentina volve contar con tres candidaturas que optan á elección do rexedor ou rexedora local. A oposición está representada por PP e BNG que contan con caras novas para enfrontarse aos socialistas

A alcaldesa socialista Rocío López conta con maioría absoluta tras os comicios do 2019 nos que o BNG gañou un concelleiro. López reedita o seu cargo como cabeza de lista para volver revalidar o seu cetro vermello. A alcaldesa proseguirá así o seu labor pese a terse enfrontado a dificultades das diferentes crises. O PP pola contra, que perdera un concelleiro e quedou con tres, presenta a Roberto Díaz como nova cara para recuperar a Alcaldía e senón seguir facendo o seu labor ao fronte da oposición. No relativo ao BNG, tamén hai unha nova cara, a de María Belén Fanego Barreira, que propón que a veciñanza lle trasmita as súas necesidades e inquedanzas.

PSOE. Rocío Lopez, a actual rexedora de Lourenzá e candidata socialista. Presentou a lista coa que encabeza “coa finalidade de revalidar a Alcaldía e seguir dirixindo un goberno que está ó servizo dos veciños”. A alcaldesa referiuse a súa candidatura como “un equipo comprometido con Lourenzá, con ganas e ilusión”, ademais engadiu que teñen ideas e proxectos e agradeceu o apoio recibido para dar continuidade a moitos dos proxectos iniciados neste segundo mandato.

Rocío López fixo balance de “moitos dos logros acadados nestes catro anos, como a construción do campo de herba artificial de Santa Cruz; a nave multiusos de Ponte de Cuñas, que está a disposición de todas as asociacións, de mozos e de maiores para calquera actividade que queiran desenvolver; e tamén a gran intervención na mellora das infraestruturas municipais. Neste mandato a mellora das estradas foi un dos piares principais e leváronse a cabo actuacións en todas as parroquias”.

A candidatura do PSOE laurentino ao completo é Rocío López García, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, Mercedes Dengra Sixto, Mario Leitón Ramallal, Francisco Javier Suárez Vázquez, Sonia Gavino Reigosa, José Moirón Torrente, Bernard Henri Denereaz Sailen, Natalia Minhoto Goas, Miguel Castrillón Fernández, Berta Oliveros Yanes, Vanessa Vallines Dasilva e Guillermo Rilo Munín.

PP. Roberto Díaz, que encabezará a candidatura dos populares, asegura que “contamos cun equipo con ganas de traballar e con moita ilusión por sacar adiante proxectos realistas que temos en mente co obxectivo de recuperar o dinamismo”.

O alcaldable cre fundamental “recuperar certa actividade no municipio”. Para iso hai que apoiar as iniciativas empresariais e emprendedoras aproveitando que “moitos veciños, tamén de concellos limítrofes, fan as súas xestións en Lourenzá. Se hai emprego e o noso pobo resulta atractivo para vivir, conseguiremos incrementar a poboación”. Roberto Díaz aposta por fomentar o sector agrogandeiro -e, máis concretamente, a faba de Lourenzá amparada baixo unha IXP- e o forestal, que son “importantes fontes de riqueza no noso concello”. E potenciar o deporte “que é outro sinal de identidade de Lourenzá”.

BNG. O grupo nacionalista anunciou como cabeza de lista a Belén Fanego Barreira. A formación continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto BNG, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí onde o BNG ten responsabilidades de goberno.

Belén Fanego, traballadora do Sergas, da parroquia de San Adriano, e que foi concelleira na corporación laurentina entre os anos 1995 e 2003 preséntase a estas eleccións co convencemento de que o proxecto do BNG é necesario para o desenvolvemento de Lourenzá para poder aplicar políticas municipais que saquen rendemento para todas a este gran potencial que ten Lourenzá e todo o Val.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Rocío López García
2. Javier Huertas Otero
3. Manuel Arango Ron
4. Mercedes Dengra Sixto
5. Mario Leitón Ramallal
6. Francisco Javier Suárez Vázquez
7. Sonia Gavino Reigosa
8. José Moirón Torrente
9. Bernard Henri Denereaz Sailen
10. Natalia Minhoto Goas
11. Miguel Castrillón Fernández
Suplentes:
1. Berta Oliveros Yanes
2. Vanessa Vallines Dasilva
3. Guillermo Rilo Munín.

BNG

1. Belén Fanego Barreira
2. Francisco Xabier Trigo Maseda
3. Aurea María Vázquel Abal
4. Ángel Fernández Villalba
5. Miguel Rodríguez Acebo
6. María José Terrados Díaz
7. Pedro Rodríguez Romero
8. Ana María García Cuadrado
9. Héctor Terrón Salvatierra
10. Daniel Recalde López
11. Concepción Ares Sanmartín
Suplentes:
1. Martín Bouso Iglesias
2. Ramón Valiña Rivas
3. Yolanda Ramil Seivane
4. César Docampo Fernández
5. Pedro Barreira Salgado

PP

1. Roberto Díaz Expósito
2. Sandra Gómez Maradona
3. Remedios Gallo Fernández
4. Eduardo Reigosa Braña
5. Sonia Alfonso Villarino
6. Miguel Ángel Lastra Lodos
7. María José Sante García
8. Luis Santamarina Portela
9. Arantzazu Ethel Canoura Recalde
10. Juan José Ledo Aramburo
11. Mariano de la Torre Galindo
Suplentes:
1. Antonio Rego Rey
2. Francisco Javier Rodríguez Barrera

lourenza  eleccions 2019
0.18442416191101