Trala Semana Santa volven as experiencias de Turismo Slow da Mariña

AMariñaXa
Do 11 de marzo ao 23 de abril desenvolveranse na Mariña Lucense oito xornadas de turismo slow, que terán lugar en varios concellos
Turismo Slow Marzo Abril 2023
11 Apr 2023

Tras a Semana Santa o vindeiro 15 de abril volven as experiencias de Turismo Slow da Mariña Lucense. A nova edición desta iniciativa da Mancomunidade deu comezo o pasado 11 de marzo e rematará o 23 de abril. En total son oito xornadas, que tiveron e terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.

Desde a Mancomunidade lembran que “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozando do medio natural e coñecendo e valorando a cultura e a vida local”.

As Experiencias de Turismo Slow xa pasaron por Viveiro, A Pontenova, Cervo, Foz e Ourol durante o pasado mes de marzo.

Agora o día 15 de abril en Ribadeo Raíces Nómadas Atelier ofrecerá un obradoiro para aprender as técnicas básicas da marroquinería fina; coser a man, acabado de bordes e todo o preciso para que cada asistente elabore o seu propio bolso e o leve acabado. Coa posibilidade de ampliar a experiencia cunha estancia na Cortiña de Cantalarrana.

E o 22 e 23 de abril no Lugar das Marías en Xove, Iria Pigueiras ofrecerá un taller de iniciación á cerámica para coñecer de primeira man diferentes técnicas, materiais, texturas e pigmentos así como crear varias pezas deseñadas por cada asistente seguindo un proceso creativo dinámico e colaborativo, nun entorno excepcional como é a aldea e o xardín deste aloxamento. A experiencia inclúe merenda, pernoita, cea e almorzo.

As actuacións vinculadas a esta iniciativa, que teñen que ver principalmente coa coordinación e promoción do programa, están financiadas ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo.

Turismo Slow Marzo Abril 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16985392570496