Trabada solicita unha subvención para cofinaciar as actividades de conciliación

AMariñaXa
Trabada solicita unha subvención para cofinaciar as actividades de conciliación que o Concello ten en marcha
Mayra garcia bermudez alcadesa de trabada
Mayra garcia bermudez alcadesa de trabada
28 Xul 2022

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, solicitou á Xunta de Galicia, ao abeiro do Plan Corresponsables da Secretaría Xeral de igualdade, unha subvención para cofinanciar os programas de concilación da vida familiar e laboral impulsados polo goberno municipal.

Unha vez máis, a convocatoria da Xunta foi en réxime de concorrencia non competitiva, abríndose o prazo a pasada medianoite. Foi a alcaldesa de Trabada a encargada de tramitala persoalmente, quedando rexistrada a súa solicitude ás 00.03 deste xoves, 28 de xullo.

As actividades subvencionables con esta achega son o servizo de Madrugadores, os Ludiseráns e os campamentos de verán. “Dende que chegamos ao goberno municipal apostamos por prestar servicios en xeral a toda a veciñanza e particularmente ás familias, porque facilitar a conciliación dos pais e nais é un aspecto fundamental para atraer e manter a poboación nos concellos rurais, por iso impulsamos en Trabada estas actividades”, explica Mayra García Bermúdez.

O servizo de Madrugadores préstase desde as 08:00 horas ata o comezo das clases, facilitando a incorporación ao posto de traballo. No curso 2022/23 comezará co inicio do curso o 8 de setembro.

Ludiseráns é un programa de actividades extraescolares con propostas formativas e lúdicas, polas tardes de luns a venres e durante tres horas dende o mes de outubro ata o mes de maio. Por último, os campamentos de verán celébranse os meses de xullo e agosto.

“Con estos programas socioeducativos e de lecer de apoio á infancia, que organizamos co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garanten a igualdade de oportunidades, contribuímos a mellorar situación educativa dos nenos e nenas do municipio como principal riqueza de calqueira sociedade moderna, ao tempo que melloramos a convivencia nas unidades familiares e o rendemento dos nenos e nenas, con espazos nos que desenvolven hábitos de cooperación, organización e traballo en equipo”, engade a alcaldesa.

As actividades realízanse nas instalacións municipais do Concello de Trabada e no CEIP Celso Currás.

0.1864869594574