Trabada recupera a antiga escola de Villafernando para convertela nun novo espazo veciñal

AMariñaXa
O Concello asina a cesión do inmoble coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol e impulsará a súa transformación nun local social para a parroquia
Trabada-novo-espazo-en-Villafernando-2026
23 Apr 2026

O Concello de Trabada deu un novo paso na recuperación de edificios en desuso coa formalización da cesión gratuíta da antiga escola de Villafernando, un inmoble que pasará a ter unha nova utilidade ao servizo da veciñanza.

O acordo foi asinado coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol e permitirá que este espazo sexa acondicionado co obxectivo de transformalo nun local social destinado á parroquia. A iniciativa busca crear un punto de encontro que favoreza a convivencia e a participación dos veciños e veciñas da zona.

Desde o goberno local destacan que esta actuación se enmarca na súa estratexia de revitalización do rural, apostando pola posta en valor de instalacións que, ata o de agora, permanecían sen uso. A recuperación deste tipo de espazos contribúe, segundo sinalan, a dinamizar a vida comunitaria e a reforzar o tecido social das parroquias.

O proxecto permitirá dotar a Villafernando dun lugar de reunión adecuado para a celebración de actividades e encontros, ofrecendo novas oportunidades para o desenvolvemento social e cultural da contorna.

0.12445998191833