Trabada prepárase para unha tarde de diversión familiar coa Festa da Espuma en Sante

AMariñaXa
A veciñanza e visitantes poderán gozar dunha tarde repleta de inchables, música, canón de espuma ou sorpresas
fiesta-trabada
12 Jul 2025

O próximo domingo 13 de xullo, a partir das 17.00 horas, Sante converterase nun punto de encontro para a diversión familiar coa esperada Festa da Espuma, unha celebración pensada para todas as idades. A veciñanza e visitantes poderán gozar dunha tarde repleta de inchables, música, canón de espuma, sorpresas e ata unha chocolatada popular para rematar coa mellor enerxía.

O alcalde de Trabada, Rubén García, subliña o compromiso do Concello coas asociacións locais que durante todo o ano impulsan actividades para dinamizar a vida no municipio: “Desde o Concello de Trabada seguimos comprometidos coas asociacións que traballan todo o ano para ofrecer actividades que dinamizan a vida do noso municipio. Grazas á Asociación de Veciños de San Julián de Sante por facer posible esta festa!”

A entrada terá un custo de 5 euros e os organizadores recomendan traer roupa de reposto, xa que se habilitarán vestiarios para cambiarse. Para garantir a seguridade dos máis pequenos, os menores de 8 anos deberán estar acompañados por un adulto.

 

⚙ Configurar cookies
0.17335605621338