Trabada finaliza as obras de mellora viaria no núcleo de Vilarbetote

AMariñaXa
As actuacións contaron cun investimento superior aos 50.000 euros
fin-obras-Vilarbetote-trabada
10 Apr 2026

O Concello de Trabada finaliza as actuacións de mellora nas vías municipais do núcleo de Vilarbetote, unha intervención que supuxo un investimento superior aos 50.000 euros.

Estes traballos enmárcanse nun convenio subscrito coa Deputación de Lugo, que tamén contempla outras actuacións no municipio, como a mellora do parque infantil e dos accesos á antiga escola en Fórnea, intervencións no lugar de Louro (Sante), así como a pintura do teleclub de Vilaformán e melloras no teleclub da Vilapena.

O alcalde, Rubén García Freije, destacou que o obxectivo do goberno local é continuar avanzando na mellora das infraestruturas en todo o municipio, chegando ás oito parroquias, e sinalou que nas próximas semanas se darán a coñecer novas actuacións tanto en Vilarbetote como noutras zonas do termo municipal.

0.11858510971069