Trabada celebra un mercadiño de Nadal con 'Papanoelada' moteira

AMariñaXa
Unha xornada organizada polo Concello, o Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato
Presentación-Trabada
11 Nov 2024

O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 e decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas.

“Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenenta de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.

O mercado, de 12.00 a 20.00 horas na praza do Concello, terá produtos locais e artesanais de proximidade, a actuación da ‘Coral Entre Ríos’, Papanoelada moteira con chocolate e biscoito gratis, e a visita de Papá Noel e o Apalpador.

Ademais, os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O concello aproveitará o mercadiño para celebrar o acendido das luces do Nadal.

“Será un sábado moi especial, de ambiente de Nadal, encontros e fraternidade ao que convidamos a toda a veciñanza”, engade o alcalde, Rubén García.

0.15820908546448