Touporroutou Teatro de Foz organiza o Touporroucaldo 2024

Foz
AMariñaXa
As III Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega
teatro-foz-caldo
1 Nov 2024

Este sábado 2 de novembro celébranse as III Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega organizado por Touporroutou Teatro de Foz. Colaboran na iniciativa A Subela de Foz e o Concello de Foz.

Terá lugar a partir das 13.00 horas en Calexóns da Viela e Praza Pardo de Cela. En caso de mal tempo trasladarase ao pavillón do colexio Martínez Otero. O menú consistirá en caldo, compango, taza, pan, queixo con marmelo e viño ou auga por dez euros. O vermú estará amenizado polo grupo de música de A Subela.

0.16765999794006