Todo listo para o Festival Breason que busca ser "unha xornada inesquecible"

AMariñaXa
O 9 de novembro a formación Meniñas da Mariña estrearase nos escenarios
Breason-mondoñedo
1 Nov 2024

A asociación xuvenil Xoldra prepara para os días 8 e 9 de novembro en Mondoñedo a terceira edición do festival Breason. Este evento, que busca ser "unha xornada inesquecible" para veciñanza e visitantes, ofrecerá unha mestura única de música en directo, obradoiros artesanais e actividades tradicionais, nun "ambiente festivo e acolledor" para todos os públicos.

Entre as actuacións máis agardada, contarán coa que definen como "a máis especial": O 9 de novembro verán o comezo nos escenarios da formación local Meniñas da Mariña, un grupo infantil de tradi. Esta edición será inaugurada pola actuación da banda municipal de música Pascual Veiga, o venres 8 de novembro ás 21:00 horas, unha clara aposta pola música local que terá lugar, ao igual que os anteriores concertos, na praza da catedral.

O sábado 9, xornada principal, a praza da Catedral acollerá, ademáis de a Meniñas da Mariña, as actuacións de Ortiga, De Ninghures, Cool Nenas, Terbutalina e Brassica Rapa. Tamén contarán coa animación de La Duendeneta.

Ademais da música, o festival ofrecerá unha ampla gama de actividades que porán en valor os diferentes espazos e a historia mindoniense. Entre elas, as persoas asistentes poderán gozar dun magosto popular, con castañas asadas, viño e chocolate de balde.

O festival terá zona de acampada e unha programación variada que inclúe xogos populares, foliada, un magosto e obradoiros de artesanía en colaboración coa asociación “O Pasatempo” e “Artesanía dos Muíños”. Para as amantes da gastronomía, organizarase unha cata de vermú Arnao que permitirá descubrir algúns dos mellores produtos locais, cunha maridaxe en colaboración coa Taberna Galiana.

O APOIO DA XUNTA

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación dos concertos e actividades paralelas. O público asistente poderá desfrutar dos concertos de balde. Javier Arias felicitou á organización “polo seu acerto ao deseñar un festival para todos os públicos”, que mostra “o potencial de Mondoñedo para acoller propostas lúdicas e culturais de todo tipo” e axuda a dinamizar o concello nesta época do ano.

Tamén gabou a aposta por “promocionar os grupos de música locais e galegos”, en sintonía coas accións que impulsa a Xunta para difundir “o talento creativo que temos en Galicia en todos os campos”.

O APOIO DA DEPUTACIÓN

A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do programa. Expresou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego, como reflicte o cartel desta segunda edición que reúne algunhas das bandas e artistas máis recoñecidos da música en galego actual”.

0.17349290847778