Terras de Lourenzá prepara unha ruta polo Camiño Natural do Cantábrico

AMariñaXa

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o domingo 15 de xaneiro a ruta Camiño Natural do Cantábrico, tramo dende a praia de Peizás en Foz ata a praia do Cantiño en Burela.

9 ene 2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o domingo 15 de xaneiro a ruta Camiño Natural do Cantábrico, tramo dende a praia de Peizás en Foz ata a praia do Cantiño en Burela.

Este roteiro terá saída ás 09.30 horas do Cantón de Vilanova e serán 10 quilómetros de dificultade baixa, que rematarán nun xantar no restaurante focego El Descanso.

A actividade ten un prezo de 30 euros para socios e 35 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 699 706 031 ou 619 828 784.

Lembran que é necesario levar botas e bastóns e respectaranse todas as medidas covid. Haberá que anotarse antes das 20.00 horas do 12 de xaneiro.