Terras de Lourenzá organiza unha ruta de fin de semana polo parque natural da baixa Limia e serra do Xurés
AMariñaXa
Terras de Lourenzá organiza para a fin de semana do 12, 13 e 14 de maio unha ruta polo parque natural da baixa Limia e serra do Xurés.
![terras de lourenza sendeirismo 1](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2022/02/terras-de-lourenza-sendeirismo-1.jpg)
26 Apr 2023
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para a fin de semana do 12, 13 e 14 de maio unha ruta polo parque natural da baixa Limia e serra do Xurés.
Esta fin de semana terá saída ás 18.30 horas do Cantón de Vilanova e o sábado será a ruta fecha da Corga duns 15 quilómetros e dificultade media, e o domingo a ruta das Queguas de 8 quilómetros e dificultade baixa.
A actividade ten un prezo de 120 euros para socios e 135 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 647 067 054.
Lembran que é necesario levar botas e bastóns e respectaranse todas as medidas covid. Haberá que anotarse antes das 20.00 horas do 9 de maio.
![sendeirismo terras lourenza maio 2023](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/04/sendeirismo-terras-lourenza-maio-2023-200x266.jpg)