Terceiro posto para o Burela na Copa Ibérica de Futsal Feminino
O Burela FS desputou o primeiro título da tempada no Pavillón Multiusos de Fafe, a segunda edición da Copa Ibérica de Futsal Feminino. Enfrontáronse nun torneo ao mellor de catro xunto ao SL Benfica, que se proclamou vencedor, o Nun'Álvares Futsal, conxunto local, que logrou o segundo posto, e ante o Futsi Atlético Navalcarnero, cuarto clasificado no torneo.
Foron dous días de futsal que comezan co SL Benfica – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 5-3 (A.P. 4-3) para o conxunto portugués e nun segundo partido das locais Nun’Álvares ante o Futsi, cun resultado final de 3-1 (A.P 7-6). O domingo ábrese a xornada co SL Benfica – Futsi Atlético Navalcarnero cun resultado final 2-3 (A.P 3-2) e remata co Nun’Álvares Futsal – Pescados Rubén Burela FS, finalizando cun 2-3 e sen rolda final de penaltis ao estar decidida a clasificación final sen empates.
O primeiro encontro do torneo para as burelesas pícaras, ante o SL Benfica, preséntase moi parello durante os 40 minutos. Tras o descanso, no 25, de novo Janice anota o 3-2 tamén picándoa esta vez por encima de Caridad nun cara a cara e cinco minutos de xogo despois Fifó anota o cuarto nunha situación similar á anterior. No 31 Patricia logra recortar distancias nun dobre disparo desde o segundo pau pero no 35 Inés Matos remata desde a área un disparo de Fifó tras un saque de corner que sentencia o 5-3 final.
No encontro do domingo, logran impoñerse durante case todo o encontro, levándose o partido pero non coa suficiente diferenza de goles como para gañar o torneo, necesitando unha diferenza 3 goles para o empate. Cun alto ritmo de xogo imposto polo Burela, sobre todo nos primeiros minutos do partido, abre o marcador Emilly na primeira parte coándolla á porteira cunha entrada polo chan na área aproveitando un atinado saque de banda. Presionando con Cami de porteira-xogadora desde o minuto 37 buscando ese tanto que podería levalas á cima, Antía comete a 6ª falta no minuto 38 e chega o 3-2 no dobre penalti para o conxunto local, deixando sen moitas opcións xa ao equipo mariñán que necesita dous goles para empatar en menos de 2 minutos.
Un disputado e competido torneo no que as xogadoras puideron probarse como equipo ante os mellores conxuntos da península antes de comezar coas competicións oficiais. Un torneo de pretemporada que esperamos continúe crecendo cada ano. Osábado día 7 as Pícaras viaxarán a Barcelona para disputar o primeiro encontro de liga ante o Lainco Rubí FS ás 19.00 en La Llana.