Tarde fría e húmida para a oitava tirada de bolos de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a sétima tirada  no centro social do Morás onde participaron 29 xogadores.
Birlos_celtas bolos
10 Dec 2021

O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a oitava tirada no centro social de Morás onde participaron 29 xogadores e que destacou de novo por ser unha tarde fria e húmida que dificultou as tiradas. Foi a penúltima tirada da 1ª fase e contaron cunha excelente participación.

Despois dunhas últimas tiradas regulares, o vixente campión Miguel López volveu a estar ao seu nivel habitual e gañou a tirada, o que lle permite acadar a 3ª posición na táboa con 51 puntos, en detrimento de Rafael González (4º con 50 puntos). Pola súa banda o líder Francisco Pérez amplía a súa vantaxe a 11 puntos (ten 66 puntos) sobre Daniel Alonso, segundo con 55 puntos. Francisco está mostrándose moi sólido no seu xogo, cunha gran regularidade xas que nasd oito tiradas celebradas un sexto posto foi o seu pior resultado.

No tocante a liga Sénior Feminina nova victoria, terceira consecutiva, de Julia López, que está apretando o acelerador e poñendo terra de por medio sobre as súas rivais, en concreto sácalle 18 puntos á Belén Meitín, que é segunda con 28 puntos. Belén vé tamén como se lle está achegando por detrais Carmen Roca, que agora só está a 8 puntos de Belén. Tal como vai esta Liga, vemos a nha líder moi sólida disparada cara un novo título, con Belén e Carmen pelexando pola segunda praza. Non descartan que alguna das perseguidoras (Dolores Baño, Concepción Meitín,..) poidan alcanzar ese pequeno grupo de Belén e Carmen, pero terán que mellorar moito e afinar o seu xogo.

Na Sub 16 un só punto é o que separa a Xenxo (42) de Christian (41). Isto fai que a emoción nesta categoría esté máis que asegurada. Falamos de dous grandes xogadores, futuros campións da Liga grande. Por detrais os irmáns Cancelos Martínez pelexan pola terceira praza final.

A próxima tirada vai celebrarse no centro social de Vilachá o vindeiro sábado 11 de decembro.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampeión: Andrés Rodríguez Ramos

Terceiro: Marcelino Rodríguez Álvarez

Sénior maiores de 60

Campión: Marcelino Rodríguez Álvarez

Subcampeión: Arturo Rodríguez Álvarez

Terceiro: José González Rodríguez

Sub16

Campión: Christian Cociña González

Subcampeión: Xenxo Salgueiro Franco

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampeiona: Carmen Roca Corral

Terceira: Dolores Baño Fraga

0.074204921722412