Tarde de baixas temperaturas para a undécima tirada de bolos de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a undécima tirada no centro social de Monte onde participaron 26 xogadores.
bolos xove
26 Jan 2022

Tarde desapacible, cunhas baixísimas temperaturas e campo moi lento para a undécima tirada de bolos de Xove, aínda así, tiveron unha participación de 26 xogadores.

Na Sénior Masculina o líder e campión das dúas últimas tempadas está entonado e en racha, acadando a súa 4ª victoria consecutiva, liderando a clasificación con 88 puntos, 6 máis que Francisco López quen, a pesar de estar mermado físicamente, está demostrando unha gran coraxe e resistindo o tirón do líder. Terceiro está o xove Daniel Alonso, que ano a ano vai progresando no seu xogo e xa está chamando ás portas do liderato.

Hai varios anos falabamos de que Miguel López e Daniel Alonso estaban destinados a dominar este xogo nos vindeiros anos; pois ben, Miguel López gañador das dúas últimas edición e Daniel Alonso xogando a un nivel altísimo, xa son dúas realidades neste deporte. A eles xa se está sumando Javier Alonso, irmán de Daniel, e que tamén apunta ao máis alto. Recordamos aqué quer Daniel e Javier on netos dun gran xogador de bolos como é O Catalán (José López Ribeira) e que inda xoga e participa na Liga de Maiores de 60 anos.

Por detrás do trio de cabeza está outro clásico como é Rafael González, vencedor de varias edicións deste campionato e que dende hai moitos anos está no cumio deste deporte. En quinta posición atópase Jordi Meitín, que tamén está a facer unha boa campaña, pero que neste momento non está totalmente acertado cunha das súas principais virtudes como é o desquite.

Ns liga Feminina a victoria de Concepción Piñeiro, a segunda victoria neste campionato, rompe unha racha de 5 victorias consecutivas da líder e actual campiona Julia López.

A victoria de Concepción permítelle achegarse na clasificación e soñar con acceder ao 2º ou 3º posto final, que nestes intres ocupan Belén Meitín (34 puntos) e Carmen Roca (28 puntos). Tamén lle permite ter  un colchón de 8 puntos respecto da súa perseguidora Salomé Bermúdez.

Na liga Sub 16 segue a guerra entre  Xenxo Salgueiro, que non afloxa, e Christian Cociña, que sigue apretando. Nas tres últimas tiradas repiteuse a clasificación con victoria para Xenxo (6 puntos cada victoria) e segundo posto (4 puntos cada 2º posto) máis mellor bolada (1 punto) para Christian. Por detrais, os irmáns Jordi e Naia siguen coa súa pugna particular pola 3ª posición da xeral.

A próxima tirada vai celebrarse no Campo Municipal de Fútbol de Xove  o vindeiro sábado 29 de xaneiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: Daniel Alonso López

Terceiro: Francisco Pérez González

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampión: José López Riveira

Terceiro: Arturo Rodríguez Álvarez

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampión: Christian Cociña González

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Concepción Piñeiro López

Subcampiona: Julia López Formoso

Terceira: Salomé Bermúdez Ben


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19753003120422