Tarde agradable para a onceava tirada de bolos de Palmeiro, Xove

AMariñaXa
Por Mario Eijo Barro.
a COMEZO A XXXIV LIGA DE BOLOS DE XOVE COA TIRADA CELEBRADA NO CENTRO SOCIAL DE LAGO 2
19 Xan 2023

Por Mario Eijo Barro.

Tarde agradable e campo en perfectas condicións para a onceava tirada de bolos con 24 inscritos. Así a liga sénior masculina tivo a victoria de Daniel Alonso, que nunha xornada espectacular permítelle consolidar o seu 4º posto na clasificación, a só 2 puntos do 3º clasificado  Arturo Vigo.

Líder, unha semana máis, Miguel López, que continúa imparable o seu camiño cara o seu quinto título consecutivo, demostrando que, hoxe por hoxe, estáq un escalón por riba dos restantes xogadores. Con cinco segundos postos e tres victorias en 11 tiradas celebradas ata o momento, está claro que Miguel non vai desaproveitar a ocasión dun novo trunfo.

Por detrás, Javier Alonso resiste na segunda posición, cunha certa ventaxa sobre Arturo Alonso e o seu irmán Daniel, pero non debe descuidarse, xa que por detrais non llo van poñer fácil.

Na sénior feminina parece ser, se se deran algunhas circunstancias, que Julia López xa podería proclamarse campiona na vindeira tirada. Se o dominio do seu irmán Miguel na sénior masculina é grande, o de Julia nesta categoría é absoluto. Julia podería competir perfectamente na liga senior masculina e estamos seguros que con bos resultados.

Polo tanto, a loita nesta categoría céntrase en saber que vai ocupar o segundo e terceiro posto finais. Polo momento, Belén Meitín ocupa a segunda posición con 30 puntos, alternando grandes e mediocres actuacións; a Belén estalle faltando a regularidade doutras temporadas. Por detrás a veterana Salomé Bermúdez con 23 puntos, Conchita Piñeiro con 21 e Carmen Roca con 18. Polo tanto, neste tramo a loita vai estar moi reñida nas 7 tiradas que quedan para finalizar.

No relativo á sub 16 Jordi Cancelos desfixo ao seu favor o empate que tiña coa súa irmá e agora encabeza en solitario con 46 puntos, seguida de Naia con 43 e David Vigo con 19.

A vindeira tirada do sábado 21 de xaneiro que estaba previsto celebrarse no centro social de Monte, vaise celebrar finalmente na boleira do campo municipal de fútbol de Xove. O mal estado do campo de Monte e a imposibilidade de arranxalo a tempo, fan que se vexan obrigados a pasar ao municipal de Xove.

0.18949699401855