Suspendido o V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7 do Vicedo

AMariñaXa
Os días 16 e 17 o campo de Boavista, no Concello do Vicedo, xa non acollerá o V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7.
Folgueiro Vicedo maraton futbol 1
12 Xul 2022

A Unión Deportiva Folgueiro do Vicedo vén de comunicar da suspensión do V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7 pola falta de quipos. Este torneo íase celebrar esta fin de semana do 16 e 17 de xullo no campo de Boavista.

No V Torneo de Veteráns podían anotarse maiores de 35 anos e contará con tres fichas libres para maiores de 30. Na competición participarían diferentes equipos da provincia que loitarían por un premio.

Por outra banda, tamén se ía xogar o II Marathon F7 no que tamén había premios e trofeos para os catro primeiros clasificados.

0.071828126907349