Suspendido o LXXI Trofeo Emma Cuervo masculino de Ribadeo

AMariñaXa
O Ribadeo FC comunicou que se apraza a LXXI edición do trofeo Emma Cuervo masculina que se ía celebrar o vindeiro día 20 de agosto.
TROFEO EMMA CUERVO ribadeo FC
18 Ago 2022

A xunta directiva do Ribadeo FC puxo en coñecemento dos socios e seareiros que se apraza a LXXI edición do trofeo Emma Cuervo masculina que se ía celebrar o vindeiro día 20 de agosto.

Este encontro que se ía xogar no estadio Pepe Barrera de Ribadeo entre o Deportivo da Coruña e os Unionistas de Salamanca, non se xogará pois o equipo salmantino debe xogar o partido da Copa autonómica da RFEF o mesmo día no estadio Reino de León contra a Cultural y Deportiva Leonesa.

Aínda que non estaba previsto a data do 20 de agosto no calendario oficial e pese as xestións feitas tanto polo Ribadeo FC como por Unionistas para que o partido da capital leonesa poidese adiantarse ou retrasarse de tal xeito que non repercutira no aprazamento do Emma Cuervo, decidiuse finalmente levar a outra data a LXXI edición do senlleiro trofeo ribadense, "non sen antes procurar a participación sen éxito de outros equipos incluso xogando o domingo día 21 de agosto", dixeron dende a directiva do equipo ribadense.

Lembrar que o partido do Trofeo Centenario entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF non terá ninguha modificación, polo tanto xogarase o vindeiro domingo 21 ás 19.00 horas no Pepe Barrera e sendo ese momento a presentación do equipo ante a afeción.

Por outra banda, o 28 de agosto, ás 18.00 horas, celebrarase o encontro entre o Deportivo da Coruña femenino e o Oviedo FC femenino.

0.17106795310974