Socialistas preguntan á Xunta pola nova EDAR de Barreiros

AMariñaXa
Lara Méndez, Carlos López e Paloma Castro presentan unha iniciativa no Parlamento sobre esta cuestión
Lara-Méndez-Carmen-Veiga-Barreiros-01
27 Nov 2024

Lara Méndez López, Carlos López Font e Paloma Castro Rey, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.a, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. A protección ambiental é un dos principais eixos de acción de calquera entidade ou administración, co obxectivo de preservar e reverter tendencias e danos.

Os socialistas explican que os cambios sociais sucedidos na historia recente conlevaron mudas nas costumes, nos comportamentos demográficos, que afectan a contorna que habitamos. Aínda que sexa algo no que habitualmente non nos fixamos, esta evolución
tamén ten significado un cambio na xeración de residuos e, polo tanto, obrigando ás administracións públicas a adaptar os seus servizos para prestar unha atención de calidade aos veciños e usuarios dos mesmos.

"Se levan xa moitos anos demandando unha infraestrutura no Concello de Barreiros para precisamente poder contribuír a reverter danos que se producen no Concello. Trátase de dotar dun servizo público de tratamento de augas residuais que leva consigo, entre outros a vertedura de augas non tratadas convenientemente, ou directamente non tratadas, ao entorno natural", trasladan.

Esta situación. segundo indican, leva a que dende a Xunta de Galicia se abrisen distintos expedientes sancionadores ao Concello dende o ano 2009, feito que se repite ano tras ano de maneira especial na época estival data onde hai máis afluencia de visitantes e, polo tanto, unha maior actividade ou volume de residuos.

"Dende o Concello de Barreiros veñen demandando dende fai anos acadar unha nova EDAR en San Miguel de Reinante, coa capacidade suficiente para atender a demanda en calquera época do ano e evite estar vertendo de xeito incontrolado residuos insalubres. O problema do saneamento e depuración é extensible a todo o Concello, e sen prexuízo de que se poida e deba abordar a situación xeral, o caso da EDAR de San Miguel de Reinante require dunha atención especial. Unha, porque xa existe unha condución de residuos que non son tratados convenientemente nas instalacións actuais e, dúas, porque as verteduras se están a facer sobre unha zona de baño e atravesando un areal, co risco para a saúde das persoas que a situación provoca", comentan os socialistas.

A Xunta de Galicia ten redactado un proxecto de nova EDAR en San Miguel de Reinante. Proxecto que "de nada nos serve se non avanza e se converte nun investimento real". Por todo o exposto anteriormente, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión: " En que momento do trámite se atopa a futura EDAR do Concello de Barreiros?; existe un calendario real para a súa materialización?; e cal é dito calendario?"

LARA MÉNDEZ

A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, acusou ao goberno galego de “dar largas” dende o ano 2015 coa nova EDAR de San Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, e poñendo en perigo a saúde dos veciños e veciñas do Concello, que teñen problemas para empregar a auga corrente para uso doméstico.

Méndez explicou que os socialistas levan demandando a EDAR dende o ano 2015, que no 2017 contaba con proxecto construtivo, pero foi paralizado dende o ano 2019, cando o PP perdeu a alcaldía. Afeoulle que no pasado mes de agosto enviaron unha resposta por escrito advertindo de que a nova EDAR non cumpría cos requisitos para aspirar a fondos europeos, cando lembrou que no caso de Ribadeo o goberno galego asume o investimento en solitario.

A responsable socialista salientou as xestións da tenente de alcaldesa do concello, a socialista Carmen Veiga, que “leva anos pelexando por esta infraestrutura primeiro dende a oposición e agora dende o goberno. Sinalou que a responsable socialista ten feito a xestión de convocar unha xuntanza co Ministerio para buscar fondos “porque lle preocupan a comarca, os veciños e a infraestrutura” fundamental para o Concello.

0.16504788398743