Setenta rapaces de 'scouts' pasaron por Ribadeo
Setenta rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos pasaron por Ribadeo a onde chegaron de ruta a pé. Trátase do grupo máis grande de scouts de España.
Xunto a eles estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que lles agradeceron o seu paso por Ribadeo e lles deron ánimo para continuar o seu camiño.
Vega declarou: “grazas ao grupo scout 284 Reina del Cielo do barrio de La Estrella, en Madrid, por visitar Ribadeo. E ánimo na ruta”.
Silvent dixo: “queremos poñer en valor a unión do turismo e do deporte e dar cabida a agrupacións que buscan coñecer a nosa vila”. Este grupo de scouts visitou o casco histórico de Ribadeo, As Catedrais e tamén Rinlo.
O edil ribadense engadiu: “desde a Concellería de Deportes abriremos sempre as portas a todas as agrupacións para que o nome de Ribadeo chegue o máis lonxe posible”.