Servizos Sociais está a preparar diferentes cursos para esta tempada de Barreiros

AMariñaXa
Adxudicada a sinalización das bocas de incendios e a instalación de tres novos puntos de recarga de vehículos contra incendios
casa do concello de barreiros
2 sep 2023

Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barreiros están a preparar diferentes cursos e talleres para esta tempada 2023 e que seguirán no 2024.

Así, comezarán con cursos para persoas con discapacidad xunto coa Fundación ONCE, atraves do seu programa Inserta Emprego.

“Despois de facer curso de Limpieza de Espacios Públicos, queremos facer o de Alfabetización Dixital, e será a segunda ocasión que se realice”, di Carmen Veiga, concelleira de Servizos Sociais.

“Tamén faremos unhas xornadas de coidar o coidador e que esperamos que den comezo en outono, pero aínda non temos as datas concretas”, engade Veiga.

Por outra banda farán os talleres de Memoria de Maiores, que se iniciarán na segunda quincena de outubro e ata xuño.

E máis adiante terán a través do Ministerio do Interior o Plan Maior, que se imparte polas parroquias para informar ás persoas maiores “para que non sexan timados ou enganados, facemolo todos os anos e imparte un membro do Corpo da Garda Civil especializado no tema”.

0.18931722640991