Seis profesores de Apaga participan nunha mobilidade Erasmus+ en Turquía

AMariñaXa
Seis profesores de Apaga participan nunha mobilidade Erasmus+ en Turquía. Ata mañá visitan escolas técnicas, empresas e manteñen xuntanzas de traballo.
profesores APAGA ribadeo erasmus turquia
profesores APAGA ribadeo erasmus turquia
1 Xuño 2022

 Intensa axenda a que están a desenvolver en Turquía 6 profesores de Apaga desde o pasado 29 de maio dentro do Proxecto Erasmus+ Internacionalización, Sostenibilidad y Motivación para el Conocimiento. 

Os docentes están a manter encontros de traballo e a realizar visitas a escolas técnicas públicas e privadas e a empresas como Gefest, que se dedica á fabricación de pezas para coches, Opel Ekcan ou Oztorun Oto BMW. 

A súa estadía en Turquía remata mañá, 2 de xuño. Ata ese momento seguen a desenvolver o seu programa de traballo. 

0.20944499969482