Seguen as xornadas de promoción dos bolos no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove
Un ano máis, e xa coa XXXIV Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos do colexio.
As xornadas, que comezaron esta semana, vanse desenvolver ata o mércores 7 de decembro. Esta véñense celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela e outros profesores, a quen lles damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades.
Teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 22 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.