Seguen as actividades con motivo do 8M

AMariñaXa
Os diferentes concellos da comarca fixeron declaracións con motivo do 8M na que estiveron presentes veciños para apoiar ás mulleres neste día.
8M Xove 2
8M Xove 2
9 mar 2023

Este 8 de marzo, as rúas tínguense de morado para reivindicar a igualdade entre todas as persoas e para reclamar os dereitos da muller traballadora.

Seguen as actividades con motivo do 8M na que os veciños e políticos apoian ás mulleres. Ademais das concentracións o propio mércores 8 de marzo, nas principais rúas e prazas haberá coloquios, charlas, obras de de teatro ou chocolatadas, para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Con estas actividades búscase sensibilizar a toda a cidadanía e visibilizar a figura das mulleres así como rexeitar a fenda de desigualdade laboral, salarial e dixital. "A igualdade é un concepto que non admite ambigüidades e a súa finalidade é moi clara: que mulleres e homes desfruten de iguais dereitos e teñan as mesmas obrigas", dixeron.

Aínda quedan actividades en todos os concellos. Pódese consultar aquí:

Ribadeo, Foz, Ourol, Xove, Viveiro, Burela, Barreiros, e Cervo.