Segue aberta a inscrición para participar na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo

AMariñaXa
A VI Carreira Nocturna está organizada polo Club Atletismo Ribadeo
club_atletismo_ribadeo_carreira_
7 Ago 2024

Ata o 13 de agosto segue aberta a inscrición para participar na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo. Ata o momento son máis de 360 os anotados nas diferentes categorías. Este evento deportivo terá lugar o 17 de agosto. A categoría de cativos desenvolverase ás 20 horas no parque de San Francisco, os infantís e cadetes sairán ás 21.30 horas desde o faro.

A carreira absoluta partirá ás 21.45 horas desde Rinlo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a participar. “Agardamos que máis adultos e máis cativos se inscriban e participen nesta proba o vindeiro 17 de agosto”. O edil ribadense subliña que “esta carreira é de grande importancia tanto a nivel deportivo como turístico, xa que discorre grande parte polo litoral ribadense”.

Os participantes poderán gozar “dunhas vistas envexables”, destaca. A VI Carreira Nocturna está organizada polo Club Atletismo Ribadeo, coorganiza a Secretaría Xeral para o Deporte e colaboran o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo.

0.16931009292603