Saúde Mental A Mariña estivo a repartir agasallos polos concellos para visibilizar o seu traballo

AMariñaXa
A Asociación Saúde Mental A Mariña estivo a repartir agasallos polos concellos da comarcar para dar visibilidade ao seu traballo.
30 dic 2022

A Asociación Saúde Mental A Mariña estivo a repartir agasallos polos concellos da comarcar para dar visibilidade ao seu traballo.

Así, a alcaldesa de Trabada dixo que "trasladámoslles o noso agradecemento por este detalle e pola importante labor social que desenvolven na nosa comarca".

"Para nós é un pracer poder aportar o noso gran de area e colaborar con este tipo de colectivos que dan resposta a unha necesidade real da nosa sociedade e que son luz no camiño de moitas persoas porque a saúde mental é fundamental para todas e todos", engadiu a rexedora trabadense.

Así mesmo, achegáronse a Barreiros para ofrecerlles o seu agasallo feito por eles mesmos, e dende o equipo de Goberno local manifestaron que "estamos agradecidas de que se lembraran de nós e encantadas de seguir traballando man a man na mellora da calidade de vida das persoas usuarias".

O Concello de Lourenzá tamén recibiu a visita dos alumnos da Asociación de Saúde Mental da Mariña que achegáronse a traer un agasallo e felicitar as festas.

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, recibiron aos integrantes para a súa tradicional felicitación do Nadal.

Os membros da asociación quixeron acudir persoalmente ao concello para felicitar estas fechas tan sinaladas a través dunha postal propia do Nadal e un agasallo dun estilo semellante aos habitualmente elaborados dentro das actividades do centro.

Todos eles puideron desfrutar dunha agradable charla co alcalde e, ademáis, recibiron o xa tradicional calendario que o Concello de Cervo está a repartir polo municipio para este novo ano 2023.

Tamén foron recibidos polo alcalde mindoniense, Manuel Otero, que calificou o detalle de "fermoso agasallo elaborado polas persoas usuarias da Asociación".